domingo, 3 de abril de 2011

MARCHOU DON INVERNO

Ola de novo! Os nenos e nenas de Rega queremos despedir o inverno cunha poesía que aprendimos nestes meses. Esperemos que vos guste. Aquí vos deixamos a letra por si a queredes aprender.
"Co ceo nubrado,
co mar enfadado,
xa todo se viste de cores máis tristes.
Xeadas e neve,
e o sol é máis feble,
chuvia nos tellado,
paxaros calados,
animais durmidos
e rios crecidos.
Inverno escuro
e moito me aburro
e con tanto frío
na casa quentiños
contaremos contos
en soños envoltos.
Quedamos en ascuas
so flores de Pascua,
camelias preciosas
e olor a mimosas.
Ao chegar Antroido
pasa o mal agoiro,
disfraces e bromas
e olor a mimosas.
Ao chegar abril
hai flores mil,
e o cuco que canta
inverno arranca,
como por engado
todo soleado.
Morreu o inverno,
adeus ata vernos"



Feliz comezo da primavera!!!!!!!!!!!

2 comentarios:

  1. Escola de Berdillo.3 de abril de 2011, 15:31

    Tamén nós a limos na clase!.Vos sae moi ben chicos, felicidades!. Esta semana compartiremos outra con vós. Un biquiño moi grande dende Berdillo.

    ResponderEliminar
  2. Vaiaaa... Noraboa polo video e pola poesía...Menuda memoria tendes!!

    ResponderEliminar