Benvid@s o blogue dos nenos e nenas do CRA Ponte da Pedra. Na nosa páxina vos imos a contar noticias das nosas escolas, cancións, poesías, contos... Esperamos que vos gosten!. Deica logo!.
jueves, 26 de mayo de 2011
En Berdillo celebramos o Día das Letras Galegas
Na escola de Berdillo celebramos a festa das Letras Galegas aprendendo moitas cousas sobre o autor homeaxeado, Lois Pereiro. Fixemos fichas, marcapáxinas e os pequenos aprenderon un poema que se chama " Revisando danos". Copiaban os xestos dun profe dun cole de Noia. Como non se escoita moi ben aquí vos deixamos o poema:
Revisando danos.
A man dereita, á dereita do corpo.
A man esquerda, á esquerda.
En plenas facultades.
Teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
nos meus soños escasos e prudentes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste cole os peques pasano ben ata recitando poesías!!, creo que Lois estaría encantado se chega a ver a esta tropa rendíndolle homenaxe.
ResponderEliminarSí, o fan moi ben. Aínda que todavía non temos moi claro onde temos a dereita e onde temos a esquerda,je,je,je
ResponderEliminarOla son Kalim, o profe de Noia, moi emocionado de ver aos vosos nenos "Revisando os danos". Un bico d@s nen@s de Noia.
ResponderEliminarOla Kalim, somos os nenos e nenas de Berdillo. Moitas grazas polo teu video porque así nos foi moi sinxelo aprender o poema de Lois Pereiro.
ResponderEliminarE moitas grazas da profe por compartir as boas ideas.
Moitos bicos dende Carballo para Noia.